Inicio
Blog de Novas
Asociación Cultural
Asociación Veciñal
Comunidade de Augas
Comunidade de Montes
Belén vivente
Muíños de Couso
Sendeiro PRG-132
Capela de S. Martiño
Festas
Tenda
Foro
Enlaces interesantes
Contacto
BELÉN VIVENTE

Por mor do temporal que azota Galicia dende hai varios días vémonos na obriga de CANCELAR DEFINITIVAMENTE a representación do II Belén Vivente de Couso, previsto inicialmente para o 3 de xaneiro, e adiado xa por mor do temporal para mañá, 10 de xaneiro.

 

Lamentamos as molestias que esta decisión poida ocasionar, ao tempo que agradecemos a colaboración de todas as persoas que, voluntariamente, dunha maneira ou outra axudaron a organizar este II Belén Vivente.

Aquelas persoas que xa adquiriran as entradas directamente poden recuperar o diñeiro contactando con calquera dos membros da directiva da Asociación Cultural San Martiño de Couso, previa presentación das entradas orixinais. Quen as adquirirá vía online recibirá un correo electrónico coa información sobre a devolución das mesmas. En ambos casos, poden manter as entradas, sen pedir a devolución do importe, como desconto para a seguinte actividade que organice a asociación.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes utilizar o correo electrónico info@cousodegulans.es.

 

 

PRESENTACIÓN

O vindeiro 3 de xaneiro de 2016 vaise representar en Couso, na parroquia de Guláns, do Concello de Ponteareas, por segundo ano consecutivo, un belén vivente, con esceas propias dun belén e representación de varios oficios tradicionais galegos. Este ano o organizamos conxuntamente coa Asociación Artístico Cultural de Guláns, e colabora o Concello de Ponteareas.

Podedes ver fotos do Belén vivinte do ano pasado neste enlace.

Aproveitando as construcións tradicionais e a distribución deste pobo de Couso (casas de pedra antigas, muíños, muiñeira, cortes...), representaranse nestas en torno a coarenta esceas diferentes tanto de pasaxes do evanxeo relacionadas co nacemento de Xesús coma de oficios, personaxes e labores tradicionais tanto da zona coma en recordo daquela época (lavandeiras, carpinteiros, muiñeiros, matachíns, pastores...), nas que participarán entorno a duascentas persoas, facendo de actores por un día,  todos eles de distintas idades (nenos, novos e maiores). 

 Tratarase dunha ruta-percorrido por distintos puntos do pobo, sinalizados con frechas e letreiros indicadores. En cada punto poderase visitar unha escena ou un oficio relacionado con esta representación, ata chegar ao punto final do percorrido que non será outro que o tradicional Portal de Belén.

 Ao longo do percorrido poderémonos encontrar con muiñeiros, pescadores, leprosos, leiteiras, escribáns, carpinteiros, ferreiros, alfareiros... especialistas do mel..., ademáis de animáis como cabras, ovellas, cabalos, vacas, galiñas... e como non cos persoaxes principais desta representación, os Reis Magos, San Xosé, María, os pastores...

  Entre todos os puntos do percorrido aparecerán distintas tabernas onde se pode tomar un café ou un chocolate quente e non faltarán sitios onde xantar.  

 E por suposto pensando nos máis pequenos non faltará o buzón de correo dos Reis Magos, onde poderán depositar os seus desexos nas súas cartas. (nós teremos un modelo para que os nenos poidan escribila no propio percorrido e senón poden traela xa escrita de casa).

 O percorrido é de aproximadamente 2 km, de dificultade baixa , ainda que hai que ter en conta que o longo do mesmo aparecen unhas cantas pendentes un tanto pronunciadas. A ruta é de aproximadamente 2 horas, tendo en conta as pequenas paradas nos distintos puntos do percorrido.

 

As personaxes que participan nesta representación farán varias postas en escena ó longo da xornada, comezando a primeira ás 11 da mañá, e rematando a representación ás 19 horas.

ENTRADAS

As entradas estarán á venta a través do sitio de venta de entradas Musikaze ou a través de calquera membro da directiva da Asociación Cultural San Martiño de Couso. O prezo será de 3,50 € para as entradas mercadas ata o 25 de decembro e de 4,00 € entre o 26 de decembro e o 3 de xaneiro.

 

 

 

 

 

 

Asociación Cultural San Martiño de Couso  | info@cousodegulans.es