Inicio
Blog de Novas
Asociación Cultural
Asociación Veciñal
Comunidade de Augas
Comunidade de Montes
Belén vivente
Muíños de Couso
Sendeiro PRG-132
Capela de S. Martiño
Festas
Tenda
Foro
Enlaces interesantes
Contacto


Inicio

 

Presentación

Esta é unha páxina web sobre o pobo de Couso, ubicado na parroquia de Guláns, no concello de Ponteareas.

A idea de facela xorde, a comenzos do 2008, durante o desenvolvemento do proxecto de restauración dos nosos muíños, como fórmula de contacto cos voluntarios que traballaron neles. Aínda queda traballo por facer para que estea ao noso gusto, polo que pedimos desculpas por aquelas páxinas ou servizos que aínda non estean totalmente operativos.

Esperamos que atopedes nela información axeitada sobre o noso pobo e o seu contorno, que vos sirva para visitalo e coñecelo, e que, proximamente, teñades ocasión de colaborar para mellorala coas vosas aportacións e participación. Para calquera suxerencia ou colaboración relacionada coa páxina podedes enviar un correo a webmaster@cousodegulans.es.

 

Couso

Como podedes comprobar no mapa de Google, Couso atópase nun val a uns 300 metros de altitude rodeado de montes, orientado ao norte, e con saída natural seguindo a estrada que vai a O Confurco (na foto a estrada cara ao norte que para por diante dunha canteira), comunicándonos coa N-120. Polo extremo sur chegamos ao alto de San Martiño e temos una forte baixada cara ao resto da parroquia de Guláns. Por ámbolos dous extremos estamos a 2,5 quilómetros de infraestructuras de comunicación importantes. Polo leste e polo oeste, rodéannos montes de 425 metros de altitude, aproximadamente, entre os que se atopan os montes dos Penedos de San Cibrán.

A parroquia: Guláns

Guláns ten unha superficie de 1.082,5 ha, unha poboación de 826 habitantes e a compoñen os seguintes lugares: A Abesoureira, O Aciviñeiro, Arrabal, A Barxa, Barreiro, Casal, A Cima, Costa de Sequeiros, A Costa da Groba, Couso, Devesa, O Eido Vello, Lameiro, O Outeiro, O Outeiro do Foxo, O Padrán, Pereiro, Porto, O Provizo, O Salgueiral, Santa Baia, Souto, Suaviña e Valiñas.

Limita ao N. con Xinzo, Arnoso e Areas, con Picoña (Salceda de Caselas) e Cristiñade ao S., ao L. con Angoares e Cristiñade, e con Cans e Atios (O Porriño) ao O. Guláns destaca polas súas hortalizas e por ser cuna de afamados músicos. Tamén destacan os Ranchos dos Reises, que bailan e cantan os días 6 e 7 de xaneiro.

É unha parroquia eminentemente rural e que aínda conserva bos exemplares de arquitectura popular, petos de ánimas, cruceiros, algunhas capelas e muíños.

 


 
.

 

Asociación Cultural San Martiño de Couso  | info@cousodegulans.es